Fundación Amigos de las Abejas
 

La vida diaria de las abejas nos enseña con su ejemplo  a trabajar por el bien común, a convivir en sociedad, a respetar las leyes naturales y el medio ambiente. ¡Bienvenidos al apasionante mundo de las abejas¡

wpe1.jpg (135329 bytes)  XI FEIRA DO MEL E PRODUCTOS ECOLÓXICOS 

    Domingo, 30 de outubro, no “Recinto Ferial do Trece” (Sedes- Narón), e de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Outra nova edición desta a nosa tradicional feira do mel que tan boa acollida está tendo sempre na nosa bisbarra. Este ano repetirase a mesma fórmula, os artesáns do mel compartindo recinto ferial cos productores ecolóxicos do CRAEGA. Como novidade este ano exténdese tamén ao serán.
    Os visitantes podrán coñecer a rica oferta dos postos de venta e disfrutar da degustación de queixo e pan ecolóxico con mel artesán da bisbarra. Ademáis, ao remate da mañá e do serán, os que haxan mercado algún producto, terán boletos para participarán no sorteo de 13 cestas con productos ecolóxicos.
    Os amigos que queiran poderán xantar con nós en Aldea Nova, reservando con antelación.
    Como nas derradeiras edicións daranse premios as dúas mesas mellor decoradas. Aos participantes pedímoslles un pouco de esforzo nese senso. 

XORNADAS TÉCNICAS PARA APICULTORES EN ALDEA NOVA:

Venres, 4 de Novembro:

 As 18 horas.- “Producción primaria.- Novo etiquetado para comercialización do mel”.
Relatora.- Ángeles Fernández Sánchez, veterinaria, especializada na lexislación vixente sobor etiquetaxe de alimentos.
Contido.- Producción primaria, como etiquetar e comercializar directamente noso mel,

As 19 horas.- “Apuntes sobre o manexo apicola”
Relator.- Marcos Varela Lorenzo, inxeñeiro agrónomo, especializado no mundo das abellas.
Contido.- Visitas de control, colonias de apoio, control do vigor, excluidores, sopladores, trampas para a avispa velutina, etc. 

Sábado, 5 Novembre (10:30 horas).- “A xeobioloxía aplicada á apicultura”.
Relator.- Javier Goyanes, prospector xeobiolóxico e apicultor.
Contigo.- Nocións básicas de cómo e ónde instalar adecuadamente as colmeas. Realizarase unha charla introductoria e posteriormente prácticas no colmear de Aldea Nova.