Fundación Amigos de las Abejas
 

La vida diaria de las abejas nos enseña con su ejemplo  a trabajar por el bien común, a convivir en sociedad, a respetar las leyes naturales y el medio ambiente. ¡Bienvenidos al apasionante mundo de las abejas¡

 

O parque temático rural Aldea Nova acollerá un curso de técnicas de Apicultura Ecolóxica Sostible

Narón, 25 de Marzo de 2010.- O Concelleiro de Medioambiente de Narón, Manuel Ramos, e o responsable comarcal da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Rafael Díaz, presentaron hoxe en rolda de prensa o curso de educación ambiental "Técnicas de apicultura ecolóxica sostible", que se desenvolverá no parque temático do mundo rural Aldea Nova (Sedes) a partires do día 24 de abril (sábado) e ata os meses de outubro ou novembro deste ano.

Trátase dun curso de 60 horas de duración, repartidas entre 25 horas teóricas e 35 prácticas. Se desenvolverá as mañás dos sábados (de 10:30 a 12:30 as clases teóricas, e de 12:30 a 13:30 as prácticas, que se realizarán en diversas albarizas da bisbarra de Ferrolterra) e se apoiará con material divulgativo e audiovisual. O equipo técnico responsable da delegación de Ferrolterra de AGA será o encargado de impartir o curso, no que tamén se contará coa experiencia dun biólogo e dun veterinario, especialistas en apicultura.

Pode inscribirse neste curso calqueira persoa interesada no mundo rural, en particular no das abellas, e terán prioridade as empadroadas no municipio de Narón. A inscripción se formulará mediante unha solicitude que haberá de presentarse no Rexistro Xeral do Concello a partires de hoxe e o prezo do curso é de 11,45 euros por persoa, existindo un máximo de 25 prazas.

O programa teórico do curso contempla oito temas: os habitantes da colmea, a casa das abellas, o pastor das abellas, a polinización e flora de interese apícola, a multiplicación axeitada da alvariza, o control sanitario das abellas, os produtos da colmea, e a súa comercialización.

Con este curso de Apicultura Ecolóxica Sostible preténdese dotar ós participantes dos coñecementos necesarios na apicultura natural, e que aprendan que as abellas son imprescindibles para que as árbores dean máis froitos e de mellor calidade. Tamén se demostrará que é posible e sinxelo manexar unha pequena alvariza de xeito ecolóxico, e que con dúas colmeas é suficiente para abastecer de mel a unha familia de varios membros durante todo o ano.

Gabinete de Comunicación do Concello de Narón Praza de Galicia, s/n (15570) NARÓN Teléfono: 981 33 77 00 Ext.- 1202 comunicacion@naron.es

A inscripción pode realizarse no Rexistro Xeral do Concello